lunes, 11 de noviembre de 2013

cromotopía




Percorro un laberinto de Círculos
Sentindo as embestidas da ausencia en cada liña.

Xiros e reviravoltas
O fume do tabaco tinxe de gris as lembranzas.

E a mandala segue en branco.



Emilie Simon prolóngase en cada sílaba.
Dita a cor dos teus ollos, a cor sobre os teus ollos.


E acontece. De súbito acontece.
Vermello intensamente no centro.
Lilas que a aloumean.
Unha serpe de vinte cores que a divirte.
O Atlántico é a túa cantiga de berce.

Enmarco a mandala do teu Corpo.
A cromotopía da undécima musa.

Percorro un labertinto de círculos.

E onde vivían dúas cores,

atopo espazos de luz, de Terra e complicidade.

3 comentarios: