Percorro un laberinto de Círculos
Sentindo as embestidas da ausencia
en cada liña.
Xiros e reviravoltas
O fume do tabaco tinxe de
gris as lembranzas.
E a mandala segue en branco.
Emilie Simon prolóngase en
cada sílaba.
Dita a cor dos teus ollos,
a cor sobre os teus ollos.
E acontece. De súbito acontece.
Vermello intensamente no
centro.
Lilas que a aloumean.
Unha serpe de vinte cores
que a divirte.
O Atlántico é a túa cantiga
de berce.
Enmarco a mandala do teu
Corpo.
A cromotopía da undécima
musa.
Percorro un labertinto de
círculos.
E onde vivían dúas cores,
atopo espazos de luz, de
Terra e complicidade.